Desartellado un grupo criminal especializado no roubo de móbiles de alta gama en festas galegas

venres, 10 de abril do 2026 S. P.

A Garda Civil e a Policía Nacional desarticularon esta semana, no marco da Operación Galaxia Aimalum, un grupo criminal itinerante especializado no roubo e furto de dispositivos móbiles de alta gama (principalmente iPhone) en eventos multitudinarios e festividades populares de Galicia.
Segundo explicou a Garda Civil, o grupo actuaba en festas e celebracións populares subtraendo os terminais mediante distracción ou violencia. Posteriormente usaban técnicas sofisticadas de suplantación de identidade e software malicioso para tomar o control total dos dispositivos, bloqueando o acceso das vítimas á súa información persoal.
Dous líderes da organización foron detidos, practicándose senllos rexistros en dous inmóbeis da Coruña onde se interviñeron 12 dispositivos móbiles subtraídos e disfraces utilizados para pasar desapercibidos entre a multitude.
A operación permitiu esclarecer máis de 200 delitos cometidos entre xullo de 2023 e decembro de 2025 en máis de 15 municipios galegos, cun valor total estimado superior aos 200.000 euros. A operación continúa aberta e non se desbotan novas detencións.
As pescudadas foron coordinadas polo equipo contra a ciberdelincuencia da Garda Civil da Coruña, o posto principal de Boiro e o Grupo V da Policía Xudicial de Lugo.
Unha das persoas detidas foi apreixado no inicio do Entroido de 2026 e o segundo esta Semana Santa.