Desátase internacionalmente un novo ransomware semellante a WannaCry

martes, 27 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Centos de milleiros de ordenadores de todo o mundo víronse afectados por un ransomware coñecido como WannaCry (con variantes) hai mes e medio, e tras o rebumbio armado resulta desalentador ver como nas última tivese un grande impacto internacional outro ransomware semellante, que incluso explota as mesmas vulnerabilidades.
Este novo ransomware alcumado inicialmente como Petya tivo un forte impacto en Ucriana, aínda que tamén hai usuarios afectados en España, e o seu funcionamento resúltanos moi familiar: tras infectar o equipo o software cifra os documentos que teñamos no ordenador con certas extensións de ficheiro para despois esixir un rescate de 300 dólares en Bitcoin para subministrar a chave que facilite a recuperación dos datos.
Curiosamente este malware confundiuse con outro leva dando guerra dende marzo de 2016, de aí que dende Kaspersky Lab chegaron a definilo como NotPeyta para fuxir da confusión, e para evitar a súa difusión a través das redes corporativas chega con ter instalados os parches de seguridade distribuídos para o WannaCry, deixando claro que moitas empresas non aprenderon nada da experiencia anterior.
Deste volta a distribución do ransomware parece estar bastante dirixida, tendo afectado aos sistemas informáticos de Moller-Maersk, a petroleira rusa Rosneft, a farmacéutica Merck e incluso algunhas entidades bancarias e liñas aéreas.

PUBLICIDADE