Deseñan un rato optimizado para OpenOffice.org

luns, 9 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados a xogos de estratexia coñecen dende hai anos ratos informáticos optimizados para atallar as funcións máis utilizadas por eles, e dende WarMouse pensaron que poderían levar ese modelo á ofimática, de xeito que presentaron o OOMouse ou rato orientado ao seu uso co OpenOffice.org (aínda que soportando moitas outras aplicacións informáticas) grazas a que conta con 18 botóns programables, roda de desprazamento e un joystick analóxico.
Este dispositivo de aparencia un tanto monstrosa venderase a 74,99 dólares (49,36 euros), inclúe 20 perfís preconfigurados para aplicacións (OpenOffice.org 3.1, Adobe Photoshop, GIMP…) e videoxogos (World of Warcraft, Call of Duty…). É compatible con Windows Linux e Mac OS X.

PUBLICIDADE