Deseñan unha pantalla de 7 polgadas para acoplar á PS3

martes, 14 de agosto do 2007 Marcus Fernández

Hai uns días publicamos cómo adaptaban unha pantalla de 7 polgadas para a Nintendo Wii, o que permitía o seu uso portátil, e agora tócalle á PlayStation 3 contar con tal posibilidade, xa que Nevover Electronics deseñou unha pantalla abatible que se pode montar na parte superior da PS3, o que permite ver os seus xogos na súa pantalla de 7 polgadas cunha resolución de 480 x 234 píxeles, o que non parece o máis axeitado para unha consola con capacidades de alta definición, pero que poderá servir para botar unha partida ós usuarios que non queiran levar unha pantalla externa de grande tamaño coa súa consola cando van de vacacións.
A nova pantalla ten unha velocidade de refresco que permite visualizar correctamente os xogos de acción, e o ángulo de visión da mesma é axustable, contando tamén con conectores para auriculares.

PUBLICIDADE