Deseñan uns pantalóns con carga sen fíos

mércores, 18 de xuño do 2014 Marcus Fernández

O pasado outono Nokia puxo á venda o seu cargador portátil DC-50, que permite a carga sen fíos de moitos dos seus móbiles da serie Lumia, así como calquera outro dispositivo compatible coa tecnoloxía de carga Qi (coma os Nexus 4 e Nexus 7), e esta tecnoloxía inspirou ao artista británica A. Sauvage para cerar os primeiros pantalóns con carga sen fíos, que poderán verse na exposición Modern Man das London Collections. Estamos ante unha solución que de seguro que agradecerían moitos usuarios, xa que o smartphone podería cargarse con só levalo no peto do pantalón, evitando así a preocupación de quedar sen carga ao longo do día.
Dende Nokia tamén apuntan que esta orixinal peza para o home moderno poderá adquirirse en breve a través de Amazon. O produto puido converterse en realidade grazas á colaboración entre a división de Reino Unido e Irlanda de Microsoft Mobile e o deseñador A. Sauvage, e dende a compañía consideran que este tipo de complementos son ideais para dispositivos como o Nokia Lumia 930.

Os móbiles coma o Nokia Lumia 930 poden cargarse con só meterse no peto dos novos pantalóns deseñados por A. Sauvage

PUBLICIDADE