Desenvolven unha versión en HTML5 do xogo Quake II

luns, 5 de abril do 2010 Marcus Fernández

Para demostrar as posibilidades do HTML5 nos navegadores web, non só están a aparecer múltiples páxinas web que prescinden do uso de tecnoloxía Adobe Flash para a reprodución de vídeo, senón que un grupo de enxeñeiros de Google foi capaz de desenvolver unha adaptación do xogo de acción en primeira persoa Quake II, partindo da súa versión de código aberto chamada Jake2, que funcione directamente en «navegadores web modernos coma Safari ou Chrome».
Resulta francamente destacable o feito de que a adaptación da versión Java do Quake II desenvolvida co Google Web Toolkit fose capaz de superar os 30 fotogramas por segundo nalgún portátil, de xeito que estariamos ante un título xogable, coma podemos ver no seguinte vídeo:


Cómpre destacar que o xogo orixinal é de 1997, ou sexa, que a tecnoloxía WebGL, que abre as 3D á web, aínda está pouco madura, pero apunta maneiras.

PUBLICIDADE