1,8 millóns de euros en servizos de IA para o Servizo Galego de Saúde
mércores, 30 de xullo do 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciou hoxe a licitación, a través da plataforma de contratos públicos da Xunta, de dous contratos por un importe de 1,8 millóns de euros destinados ao desenvolvemento de novos servizos baseados en intelixencia artificial co fin de axilizar a elaboración de informes médicos, facilitar a toma de decisións e resolver dúbidas por parte dos pacientes.
Acompañado polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, e polo subdirector xeral de Sistemas e TecnoloxÃas da Información, Benigno Rosón, o titular de Sanidade detallou a estratexia de incorporación da intelixencia artificial no sistema sanitario público galego.
Estes contratos, financiados ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da Unión Europea, teñen como obxectivo dotar o sistema sanitario de máis capacidade para tomar decisións informadas, realizar un seguimento continuo dos pacientes, ofrecer máis ferramentas para que os doentes poidan xestionar a súa saúde e garantir atención continua e capacidade de anticipación.
Control preventivo e ferramentas de apoio
Segundo explicou o conselleiro, o primeiro dos contratos está orientado ao desenvolvemento de servizos de intelixencia artificial dirixidos ao control preventivo de pacientes con diabetes, mediante a incorporación de procesos de detección automática baseados en información clÃnica que permitan alertar aos profesionais da aparición da enfermidade en menores de 35 anos.
Na actualidade, Gómez Caamaño sinalou que arredor de 12.000 pacientes están integrados na plataforma E-diabetes, na que se recompilan datos glicémicos que permiten identificar alteracións nos niveis de glicosa.
O segundo contrato contempla a adquisición de servizos de apoio ao diagnóstico mediante algoritmos e o uso dunha plataforma de intelixencia artificial xenerativa. Entre os beneficios para os pacientes, o conselleiro destacou a posibilidade de resolver dúbidas sobre tratamentos farmacolóxicos, interpretar informes médicos e obter resumos da súa historia clÃnica.
Ademais, subliñou que estas ferramentas suporán unha axuda importante para o persoal sanitario, ao permitirlles estruturar e resumir a información das historias clÃnicas, asà como xerar borradores de informes de alta e realizar consultas personalizadas de xeito áxil e preciso.
Está previsto que as solucións desenvolvidas a través destes contratos comecen a implementarse na segunda metade do próximo ano.
Unha aposta decidida pola IA
Na súa intervención, Gómez Caamaño incidiu na necesidade de manter un equilibrio entre innovación e control para que a incorporación da intelixencia artificial supoña un avance real no traballo dos profesionais e no servizo prestado á cidadanÃa.
Nesa liña, destacou que Galicia foi a primeira comunidade en aprobar unha lei especÃfica neste ámbito, ademais de contar cun plan de transformación dixital da sanidade para o perÃodo 2023-2026, cun orzamento de 200 millóns de euros.
