Desvelados os finalistas da V edición de Altia Premia

venres, 29 de decembro do 2023 S. P.

A empresa tecnolóxica Altia, con sede en Oleiros (A Coruña), desvelou o nome das e dos finalistas da quinta edición dos seus premios. O xurado destacou a gran calidade de todos os TFGs (Traballos de Fin de Grao) recibidos.
Segundo explicaron fontes da empresa, o certame Altia Premia, ademais de impulsar a innovación e recoñecer o talento novo, consolídase como “unha plataforma para aqueles que desafían límites e exploran novas fronteiras no mundo da tecnoloxía”.
Nesta quinta edición, o xurado, composto por profesionais de Altia e da Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela, seleccionou os cinco Traballos Fin de Grao que optarán ao premio final, dotado con 1.500 euros.
Os finalistas son os traballos presentados por Alberto Ruibal Ojea, Aldán Creo Mariño, Diana Mascareñas Sande, Guillermo Blanco Filgueira e Nicolás Vilela Pérez.
O 8 de febreiro de 2024 os finalistas presentarán os seus traballos ante o xurado no salón de actos da ETSE.
Este certame non só busca dar visibilidade aos TFG máis innovadores, senón que tamén reforza a nosa aposta polo talento novo e consolida a importancia deste premio ao longo das súas cinco edicións.