Desvelan a relación de xogos que integrará o NEOGEO Arcade Stick Pro
venres, 20 de setembro do 2019
O prometedor NEOGEO
Arcade Stick Pro, un mando arcade inspirado no mando da NEOGEO CD que pode
empregarse na NEOGEO mini, nun ordenador ou de xeito independente, como se
dunha consola de videoxogos se tratase, sabÃase que traerÃa 20 xogos de loita
precargados, que aÃnda non se fixeran públicos, pero que previsiblemente serÃan
os mesmos incluÃdos na NEOGEO mini, e finalmente confirmouse que é asà agás cun
par de pequenos cambios.
Os xogos que incluirá
o NEOGEO Arcade Stick Pro serán as versións 95, 97, 98, 99, 2000 e 2002 de The
King of Fighters, Fatal Fury Special, Fatal Fury 3, Garou:
Mark of the Wolves, as entregas II, III, IV e V Special de Samurai
Shodown, Art of Fighting, as entregas Perfect, 2 e 2 Jet de World
Heroes, Ninja Master’s, The Last Blade 2 e Kizuna Encounter.
Con este anuncio SNK tamén confirma que o mando medirá 430 x 214 x 124
milÃmetros, que as teclas que permite conmutar entre o modo de consola e o de
mando está nunha posición pouco accesible para evitar a súa pulsación
accidental, o seu cable USB ten unha lonxitude de 2 metros e pode almacenarse
na parte inferior do propio mando, inclúe un total de 8 botóns de acción
personalizables (de xeito que pode adaptarse para multitude de xogos), e tamén
salienta que para amosar os gráficos en pantalla o dispositivo multiplica a
imaxe por tres e logo permite elixir entre tres tipos de efectos para que cada
usuario decida se quere unha imaxe máis limpa ou prefira simular a experiencia
dun monitor de tubo.
Polo momento non detallan nin a data de lanzamento nin o prezo que terá este
produto.
- A listaxe de xogos de SNK integrados no NEOGEO Arcade Stick Pro