Desvelan boa parte do repertorio musical de Guitar Hero Live

mércores, 13 de maio do 2015 Marcus Fernández

Este ano volveremos a gozar da franquía musical de Guitar Hero, que en contraste coa liña continuista de Rock Band, incorporará cambios como un novo deseño de guitarra e un modo de xogo no que viviremos os concertos en primeira persoa. Para ir creando expectación están xa a desvelar a listaxe de temas musicais que incluirá Guitar Hero Live, na que destacan temas como o Breaking the Law de Judas Priest, Higher Ground dos Red Hot Chili Peppers ou Chop Suey! De System of a Down, correspondentes a artistas que non se desvelaran até o momento, mentres que de artistas anunciados van detallando os temas que se incluirán no xogo, como Paint It Black dos Rolling Stones ou Na Na Na de My Chemical Romance.
Confírmanse tamén os seguintes temas musicais:
-Pantera - Cowboys From Hell
-Alter Bridge - Cry of Achilles
-Rage Against the Machine - Guerrilla Radio
-Sleigh Bells - Bitter Rivals
-Black Veil Brides - In The End
-The Pretty Reckless - Going to Hell
-Broken Bells - Leave it Alone
-Alt-J - Left Hand Free
-Fall Out Boy - My Songs Know What You Did in the Dark (Light Em Up)
-Green Day - Nuclear Family
-Pierce the Veil - King for a Day (feat. Kellin Quinn)
-Blitz Kids - Sometimes
-The Black Keys - Gold on the Ceiling
-The Killers - When You Were Young
-Gary Clark Jr. - Don’t Owe You a Thang
-The War on Drugs - Under The Pressure
-The Lumineers - Ho Hey
-Ed Sheeran - Sing
-Skrillex - Bangarang
Aínda que non se anunciou aínda a data de lanzamento oficial do xogo, polo momento sabemos que chegará a Xbox One, Xbox 360, PS4, PS3 e Wii U e xa é posible realizar a súa reserva na edición que inclúe a nova guitarra para a consola correspondente por un prezo que estaría entre os 94,95 e os 104,95 euros.

O xogo estreará un novo modelo de guitarra para a consola de videoxogos

PUBLICIDADE