Desvelan o deseño das caixas dos xogos de PS5

venres, 10 de xullo do 2020 Marcus Fernández

A chegada dunha nova xeración de consolas de videoxogos obriga a tomar decisións de deseño que faciliten que o público non confunda a máquina á que están destinados os xogos que ve nos establecementos comerciais, e no caso da PlayStaiton sabemos xa como serán as caixas dos xogos de PlayStation 5, xa que veñen de adiantar como será o deseño da caixa de Spider-Man: Miles Morales, título exclusivo de PS5, que mantén un estoxo de Blu-ray ordinario, pero que na súa cuberta reserva unha franxa superior con fondo branco no que podes ver o logotipo da PS5 en cor negra, en contraste co deseño dos xogos de PlayStation 4, que contaba cunha franxa degradada azul co logotipo da PS4 en cor branca.
Temos así que aínda que as caixas dos xogos de PS4 e PS5 continuarán a ser de cor azul, a franxa na que se identifica a plataforma é moi diferente, facilitando que poidamos distinguir os xogos de cada plataforma cunha ollada rápida.
Dado que a Xbox One xa ten unha edición sen lector de disco, e a PS5 tamén terá unha edición sen lector de Blu-ray, hai quen considera que o deseño das caixas dos xogos de PS5 será relevante xa que podería ser a derradeira xeración de consolas en contar con xogos en soporte físico.

PUBLICIDADE