Desvelan os 36 xogos incluídos no Game Pass Core
mércores, 13 de setembro do 2023
Este
xoves complétase a transformación do servizo Xbox LIVE Gold en Xbox Game Pass Core,
de xeito que o servizo máis básico para poder xogar en liña dende consolas Xbox
muda considerablemente pasando de ofrecer 2 novos xogos ao mes que pasan a
incorporarse á colección do usuario mentres pague a subscrición a ofrecer un
catálogo de máis de 25 xogos de calidade que van renovándose dúas ou tres veces
ao ano.
Agora que chega a transformación tamén se coñece o
catálogo inicial de xogos, e Microsoft decidiu cumprir sobradamente co
prometido achegando 36 xogos entre os que hai unha grande variedade, pois tanto
figuran supervendas como xogos máis pequenos pero que tiveron unha magnífica
aceptación do público.
Concretando, os xogos que estarán dispoñibles para os subscritores do Xbox Game
Pass Core son Among Us, Astroneer, Celeste, Dead Cells, Descenders,
Dishonored 2, DOOM Eternal Standard Edition, Fable Anniversary, Fallout 4,
Fallout 76, Firewatch, Forza Horizon 4 Standard Edition, Gang Beasts, Gears 5
Game of the Year Edition, Golf with your Friends, Grounded, Halo 5: Guardians, Halo
Wars 2, Hellblade: Senua’s Sacrifice, Human Fall Flat, INSIDE, LIMBO, Ori &
the Will of the Wisps, Overcooked! 2, Payday 2: Crimewave Edition, Powerwash
Simulator, Psychonauts 2, Slay the Spire, Spiritfarer: Farewell Edition,
Stardew Valley, State of Decay 2: Juggernaut Edition, Superliminal, The Elder
Scrolls Online, Teenage Mutant Ninja Turtles: Shredder’s Revenge, Unpacking
e Vampire Survivors.
Son precisamente os títulos como Among Us e Vampire Survivors os
que deixan claro que os xogos de moda terán o seu espazo no Game Pass
Core, mentres que Gears 5 e Halo 5 tamén exemplifica que as
superproducións dos estudios de Xbox estarán moi presentes neste catálogo que
garante horas de diversión sen realizar un grande investimento.
Vídeo promocional do Game Pass Core