Desvelan os Xogos con Gold de xaneiro
xoves, 23 de decembro do 2021
Por se habÃa dúbidas en que Microsoft perdeu todo interese
na selección de Xogos con Gold dende que ofrece o Game Pass, en
xaneiro ofrecerá a que sen dúbida é a súa selección máis pobre da historia,
tanto no que se refire ao prezo oficial dos xogos incluÃdos como á súa relevancia
(son completo descoñecidos para o xogador medio).
O mes de xaneiro comezará co tÃtulo para Xbox One NeuroVoider,
un xogo de rol de acción de dobre mando lanzado hai preto de 5 anos; ao que
seguirá Aground,
un xogo de rol de minarÃa/fabricación lanzado este mesmo ano sen repercusión
algunha.
Os retrocompatibles do mes son bastante superiores, pois por unha banda tempos o
shooter espacil Radiant
Silvergun, xogo lanzado para Xbox 360 hai unha década que enganchará
aos seareiros dos xogos tipo Ikaruga; e despois tamén teremos Space
Invaders: Infinity Gene, unha revisión do clásico de Taito que ofrece
143 niveis que superar e que pode gustar aos máis nostálxicos.