Desvelan os xogos de PS Plus de outubro
mércores, 29 de setembro do 2021
O
vindeiro 5 de outubro renóvanse os xogos dispoñibles a través de PlayStation
Plus sen custo adicional, selección encabezada polo shooter
multixogador ambientado na II Guerra Mundial Hell Let Loose para
PlayStation 5, un grande descoñecido que claramente verase eclipsado polos
xogos de PlayStation 4 que ofreceranse até o 1 de novembro: o xogo de golf PGA
Tour 2K21 e o grande xogo de loita Mortal Kombat X.
Hell Let Loose permite xuntar até a un cento de xogadores en batallas
épicas, nas que os combates de 50 contra 10 desenvólvense nunha fronte dinámica
na que os usuarios poden elixir entre 14 personaxes dispoñibles, con cadansúas
armas, vehÃculos e equipamento.
PGA Tour 2K21 será unha boa opción para os que prefiren un xogo máis repousado,
podendo gozar de réplicas de campos de golf reais tanto en solitario como competindo
contra amigos (en local e en liña) e xogadores de todo o mundo.
Pola súa banda, Mortal Kombat X é un tÃtulo de NetherRealm Studios que
non precisa presentación, xa que é unha entrega máis da franquÃa de xogos de
loita máis violenta, polo que os seareiros do xénero saben o que van atopar neste
xogo que suporÃa a recuperación episódica da saga que o ano pasado chegou ao seu
capÃtulo 11.