Detallan as especificacións do Nokia Booklet 3G
mércores, 2 de setembro do 2009
Finalmente o Nokia World 2009
serviu para confirmar as caracterÃsticas do xa anunciado ultraportátil de
Nokia, o Nokia
Booklet 3G, que é un equipo con pantalla de 10,1 polgadas cunha
resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, cun procesador Intel Atom Z530 a 1,5 Gb
refrixerado sen ventilador (o que o fai moi silencioso), con 1 Gb de RAM, 120
Gb de disco duro, Wi-Fi (IEEE 802.11n), Bluetooth 2.1 + EDR, A-GPS,
acelerómetro, modem 3G, cámara web de 1,3 MpÃxeles, 3 portos USB 2.0, lector de
tarxetas SD, saÃda HDMI 1.2, sistema operativo Windows 7 (a elixir entre as
edicións Starter, Home Premium e Profesional), unhas dimensións de 264 x 185 x
19,9 milÃmetros, un peso máximo de 1,25 quilogramos, unha baterÃa de 16 celas
que promete unha autonomÃa de ata 12 horas e un prezo libre de 570 euros (aÃnda
que é de agardar que sexa posible adquirilo subvencionado xunto con algún
contrato de banda larga móbil).
O equipo incluirá distintas aplicacións de Nokia para acceder aos servizos da
plataforma Ovi e sincronizar de xeito doado os nosos contactos e documentos
multimedia. AÃnda que o Nokia Booklet 3G parece abrir todo un abano de
posibilidades, non faltan voces crÃticas que pensan que non é máis que un
ultraportátil excesivamente caro, pois serÃa excesivamente
semellante ao Acer Aspire One 3G con pantalla de 10,1 polgadas (á
venda en España por 434,58 euros), aÃnda que haberÃa que destacar
que a autonomÃa do equipo de Nokia poderÃa ser o seu factor diferenciador (asà como a súa resolución de pantalla, que é superior aos 1.024 x 600 pÃxeles habituais en equipos dese tamaño).