Detallan os contidos da edición para coleccionistas de Batman: Arkham Origins

mércores, 7 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Warner Bros. Interactive Entertainment e DC Entertainment anunciaron hoxe os contidos da edición para coleccionistas de xogo Batman: Arkham Origins que teremos en Europa, e que chegará o 25 de outubro ao Reino Unido en cantidades limitadas e versións para Xbox 360 e PlayStation 3 a un prezo de 79,99 libras esterlinas (92,98 euros) e que, aparte do novo xogo do personaxe creado por Bob Kane (que virá nunha exclusiva caixa metálica) incluirá unha detallada estatua de Batman e o Joker (de 30 centímetros de alto), un libro de ilustracións de 80 páxinas con tapa dura, un dossier con fichas de 8 asasinos e o contrato de Black Mask e contidos descargables (unha skin de Batman e un lote de desafíos de Deathstroke). A edición para PlayStation 3 tamén incluirá o contido descargable chamado Knightfall.

PUBLICIDADE