Detallan os xogos que chegarán a Game Pass nas vindeiras semanas
mércores, 3 de xaneiro do 2024
O catálogo de
xogos dispoñibles para os subscritores de Xbox Game Pass vai mudar en xaneiro coa
despedida de Grand Theft Auto V (xunto con Garden Story, MotoGP
22, Persona 4 Golden e Persona 3 Portable) e a
incorporación de 8 novos tÃtulos, entre os que hai algúns xogos tan
relevantes como Assassin’s Creed Valhalla, Resident Evil 2 e We
Happy Few.
Aparte dos mencionados tÃtulos, hoxe mesmo chega ao catálogo Close to the
Sun, mañá chega Hell Let Loose, o dÃa 9 teremos Figment, o
dÃa 11 é a quenda de Super Mega Baseball 4 e o 16 de xaneiro rematará a
quenda de novas incorporacións con Those Who Remain.
Pero a meirande parte dos subscritores estarán máis pendentes de Assassin’s
Creed Valhalla, a penúltima grande entrega da saga de Ubisoft, que chegará
o vindeiro dÃa 9; a magnÃfica revisión de Resident Evil 2 estará
dispoñible a partir do dÃa 16; e incluso haberá moitos que agradecerán o
regreso ao Game Pass de We Happy Few, xogo de aventuras ambientado nos
anos 60 nunha Inglaterra distópica na que a poboación está sometida ao consumo
dunha droga que provoca unha falsa felicidade.