Detalles sobre a sucesora da Nintendo DS

luns, 15 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Imaxe conceptual (de Phil Nolan) da futura Nintendo DS

Durante o transcurso da Game Developers Conference moitos foron os comentarios que intercambiaron os profesionais alí presentes, e a xente de RPad.tv decidiu recompilar os detalles que mencionaban distintos desenvolvedores sobre a posible consola de videoxogos portátil que sucederá as actuais Nintendo DS, e que segundo os rumores tamén contaría con 2 pantallas, aínda que de maior tamaño e resolución (con moi pouca distancia entre si, de xeito que operarían coma unha única pantalla máis grande), un acelerómetro e o chip nVIDIA Tegra.
O dispositivo podería anunciarse na vindeira edición do E3 para ver a luz finalmente de cara ao Nadal, e sobre a súa potencia, o feito de que o seu SDK sexa semellante ao de Gamecube podería deixar constancia da súa mellora técnica.
De todos os xeitos, unha nova consola portátil de Nintendo non indicaría que o ciclo de vida da DS estea chegando á súa fin, posto que na actualidade ten unha inmensa base de consolas en uso, que fará que tarde moito en perder o seu posto coma consola portátil líder.

PUBLICIDADE