Detalles sobre o futuro Meizu MX

luns, 18 de abril do 2011 Marcus Fernández

Os fabricantes chineses coma Meizu son populares polos seus terminais que presentan unha aparencia esaxeradamente semellante ás dos móbiles de Apple, pero tamén teñen móbiles cun éxito impresionante nos mercados asiáticos polo seu propio peso, como demostra o futuro Meizu MX (coñecido ata hai pouco como M9II), do que veñen de publicar unha imaxe, e que pretende saír ao mercado por 3.580 iuans (385,45 euros), o que non parece desproporcionado se temos en conta que estamos ante un dispositivo con pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 960 x 640 píxeles, procesador A9 de dobre núcleo, 1 Gb de RAM e ROM, 16 Gb de almacenamento interno, soporte de HSPA+ de ata 21 Mbps, saídas HDMI e S/PDIF, medidas de 63,5 x 119 x 9,5 milímetros e sistema operativo Android.
Este terminal aínda non ten unha data de lanzamento fixada (estamos ante un produto en desenvolvemento), pero en vista das súas previsibles prestacións, non terá problemas para competir no mercado actual.

PUBLICIDADE