Devolo comercializa adaptadores PLC compatibles con pechos anti-roubo

martes, 11 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Pensando na súa instalación en locais de acceso público, Devolo incorpora ao seu catálogo o adaptador PLC dLAN 500 AVpro+, que permite establecer comunicacións de datos a través da instalación eléctrica a velocidades de ata 500 Mbps, o que resulta ideal para o streaming de vídeo en alta definición ou incluso incluso en 3D, así como para a concorrencia de numerosos usuarios (pode configurar redes de ata 64 puntos).
Entre as grandes vantaxes do Devolo dLAN 500 AVpro+ están que incorpora enchufe de corrente (para non inutilizar a toma na que se conecte) e unha rañura na súa carcasa para conectar pechos anti-roubo da marca Kensington. Tamén é compatible con distintas tecnoloxías de encriptación para asegurar as comunicacións e de calidade de servizo, ofrecendo unhas comunicacións áxiles e seguras. O seu prezo de venda é duns 75 euros para o modelo individual e 140 euros polo lote con 2 adaptadores.

O adaptador conta cunha fenda para pechos Kensington

PUBLICIDADE