Dez empresas galegas confirmaron a súa participación no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC
mércores, 29 de xullo do 2020
Estes
dÃas confirmáronse
os nomes das dez primeiras empresas que que van participar
directamente no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, o
primeiro servizo que se vai poñer en marcha ao abeiro da
transformación da Fábrica de Armas da Coruña en centro de
coñecemento e innovación (unha transformación impulsada pola
Universidade da Coruña, o Concello, a Deputación, o Clúster TIC
Galicia e máis a Xunta). En concreto, o Centro de Servizos Avanzados
contará coa participación das empresas tecnolóxicas galegas Altia,
Aldaba, Cinfo, Xoia Software Development, Librebit, Visual Publinet,
Dos Espacios, Imatia, TecnoloxÃas Plexus e Itelsis. O pasado 29 de
xuño, como lembraremos, o
Clúster TIC xa confirmara a futura presenza na Cidade das TIC
dalgunha destas empresas.
O
Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC é un dos grandes
proxectos aos que dará acubillo a nova andaina da Fábrica de Armas
na Coruña. Será unha infraestrutura aberta que permitirá ás
pequenas e medianas empresas e aos autónomos acceder a recursos
extra para desenvolver novos produtos. O obxectivo é que sexa o
referente galego para a transformación dixital da nosa terra, un
proxecto de colaboración público-privada para a creación de
produtos e para trasladar eses novos produtos ás pemes.
O
Clúster TIC Galicia é o promotor do Centro de Servizos Avanzados
Cidade das TIC, que, cunha achega da Xunta de 4,82 millóns de euros,
contará con catro laboratorios para a realización de probas e con
espazos para aloxar empresas do sector.
O
Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC contará con 4
laboratorios para a realización de probas e con espazos para aloxar
empresas do sector. O Concello e a Universidade da Coruña
colaborarán cedendo o uso dunha nave e habilitando os accesos e a
Xunta achegará 4,82 millóns de euros para o proxecto.