Dia, un novo navegador web centrado na IA
mércores, 11 de xuño do 2025
The Browser Company, coñecida pola creación do navegador web Arc, lanza agora un novo navegador chamado Dia, unha ferramenta que representa un cambio de rumbo claro: da innovación visual á integración total da intelixencia artificial. Mentres Arc intentaba repensar como deberÃa funcionar un navegador a través dunha interface radicalmente distinta, Dia opta pola sinxeleza de Chrome cun toque estético máis coidado, pero cunha diferenza clave: a presenza constante dunha IA conversacional que entende, interpreta e actúa sobre a túa navegación.
Dia parte dunha idea clara: se xa falamos de forma natural coa intelixencia artificial, por que non facelo tamén desde o navegador? Con esa premisa, o equipo de The Browser Company constrúe un navegador web que funciona como centro de mando persoal. Na súa versión actual, dispoñible en probas para macOS (estando previsto que conte con versión para Windows en breve), incorpora unha barra lateral desde a que é posible interactuar cun chatbot que pode acceder ás pestanas abertas, ao historial de navegación e mesmo a sesións activas en plataformas como Amazon ou Gmail.
A clave de Dia non reside nun novo deseño, senón na súa capacidade para observar o que fas mentres navegas, comprender os teus intereses e necesidades, e actuar en consecuencia. Dia non desenvolve os seus propios modelos de linguaxe, senón que se conecta cos existentes (como GPT-4 ou outros), e dirixe as peticións cara a ferramentas ou skills especializadas. Por exemplo, se pides axuda para redactar un correo, Dia pode combinar o teu estilo anterior cos autores que adoitas ler; se queres mercar un abrigo, sabe onde miraches recentemente. Todo iso sen que o usuario teña que copiar e pegar entre pestanas nin cargar documentos: o navegador ve, lembra e responde.
Aseguran que a información persoal do usuario permanece cifrada e almacenada localmente, e todo o que se envÃa aos servidores da compañÃa é eliminado en cuestión de milisegundos, buscando asà un equilibrio entre utilidade e confianza.
O obxectivo a longo prazo é claro: que o navegador deixe de ser unha simple porta de acceso á web para converterse nun asistente persoal que coñeza os teus hábitos, gustos e necesidades mellor ca ti mesmo. A navegación con pestanas horizontais pode ser anecdótica. O verdadeiro valor está en como a IA te entende, che anticipa e che acompaña.
AÃnda que a versión de proba de Dia está en inglés, esta limitación está restrinxida á súa interface, xa que é posible interactuar sen problema co sistema en galego, podendo empregar o chat integrado para traducir artigos noutros idiomas, resumir información, realizar consultas e moitas outras posibilidades sen ter que abandonar as páxinas web que visitamos nin acceder a servizos como ChatGPT ou Gemini.

- AÃnda que a interface de Dia está en inglés, as interaccións poden realizarse en galego
