Diablo III convértese maior lanzamento para PC da historia
mércores, 23 de maio do 2012
Blizzard Entertainment anunciou hoxe que durante
as primeiras 24 horas dende o lanzamento de Diablo
III venderon máis de 3,5 millóns de copias, batendo o record do xogo para PC que máis rápido
vendeu na historia, o que resulta aÃnda máis impresionante se atendemos ao feito
de que máis de 1,2 millóns de xogadores recibiron Diablo III como parte do Pase Anual de World of Warcraft, ou
sexa, que no primeiro dÃa xa habÃa 4,7 millóns de usuarios dispostos a asaltar
Santuario. Se ampliamos o rango de tempo á primeira semana de lanzamento temos
que Diablo III superou os 6,3 millóns
de unidades.
Diablo III está dispoñible para
Windows XP/Vista/7 e Mac OS X 10.6.8 ou superior a un prezo recomendado de
59,99 euros tanto para a súa edición fÃsica como
descargable, e está dispoñible en numerosas linguas entre as que figura o
español, aÃnda que a versión para Mac non conta con tal opción de xeito oficial.