Diablo III sairá o 15 de maio
xoves, 15 de marzo do 2012
Tras unha longa espera Blizzard Entertainment anunciou hoxe
que o xogo Diablo III chegará ás
nosas tendas o
vindeiro 15 de maio tanto en soportes fÃsicos como mediante descargas,
estando dispoñible en inglés, español, portugués, francés, alemán, Italiano,
polaco, ruso, coreano e chinés, cando menos na versión para Windows, pois a
versión para Mac OS X só estará dispoñible en inglés.
Esta nova entrega de Diablo
continuará a liña da saga, podendo tomarse o papel de 5 personaxes heroicos (un
bárbaro, un médico bruxo, un mago, un monxe ou un cazador de demos) para
enfrontarse a infinidades de demos nunha busca para limpar o Santuario das
forzas corruptas dos Infernos Abrasadores. Gozará de compoñentes de xogo en
liña baseados en Battle.net e aspira a converterse nun tÃtulo do que os
usuarios poidan gozar durante anos como aconteceu co seu anterior capÃtulo.
- O xogo tamén comercializarase nunha completa edición para coleccionistas
Nas tendas o xogo terá un prezo de venda recomendado de 59,99 euros na súa
edición básica, estando tamén dispoñible unha Collector’s Edition, que incluirá unha caixa en cor branca, co xogo
en DVD, un Blu-ray/DVD con reportaxes, a banda sonora de Diablo III, un libro de ilustracións de 208 páxinas e unha pedra de
alma USB de 4 Gb (que incluirá as versións completas de Diablo II e Diablo II: Lord
of Destruction) coa súa correspondente base con forma de caveira de Diablo,
asà como contidos exclusivos para Diablo
III, World of Warcrafte StarCraft II: Wings of Liberty por un
prezo de 89,99 euros.
Os usuarios de World of Warcraft
tamén poderán conseguir Diablo III de
balde acolléndose a unha promoción
ao subscribirse durante 1 ano ao servizo.
- Diablo III conservará a liña das súas anteriores entregas