Diablo IV é o xogo de Blizzard que máis rápido vendeu
martes, 6 de xuño do 2023
O
grande xogo de Blizzard Entertainment para este ano, Diablo IV, xa é unha
realidade, e a compañÃa xa anuncia que estamos ante o
tÃtulo que máis rápido se vendeu na historia, rexistrando o meirande
pre-lanzamento en unidades vendidas para PC e consola. Para ilustrar este éxito
aseguran que o acceso anticipado do xogo, que botou a andar o pasado dÃa 1
acumulou en 4 dÃas 93 millóns de horas de xogo, o que serÃan uns 10.000 anos.
Diablo IV tamén presume de xogo cruzado entre PC, Xbox Series X|S, Xbox
One, PS4 e PS5, contando tamén con cooperativo para 4 xogadores e incluso modo
cooperativo local para 2 xogadores en consola, polo que pon moitas facilidades
para que os seareiros desta saga poidan botar unhas partidas cos amigos e gocen
asà dunha franquÃa que conseguiu non decepcionar con ningunha das súas entregas
principais.
O xogo non só conta con numeroso contido para garantir moitas horas de
entretemento, senón que tamén recibirá regularmente tempadas e expansións, polo
que as aventuras neste mundo fantástico poden manter a súa chama prendida
durante varios anos.
Tráiler de lanzamento de Diablo IV