Diablo Immortal tería ingresado 49 millóns de dólares no seu primeiro mes

xoves, 7 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Aínda que nos últimos meses Blizzard está a enfrontarse a unha complicada crise de reputación, e o feito de que Diablo Immortal fose un xogo orientado a dispositivos móbiles (especialmente no seu modelo de negocio) provocou aínda máis odio por parte de moitos xogadores habituais amantes da franquía de Diablo, a realidade é teimuda, e confirma que certas prácticas que non gustan aos xogadores clásicos encaixan perfectamente na conxuntura actual, xa que segundo estimacións de Appmagic Diablo Immortal conseguiu ingresar 49 millóns de dólares dos 10 millóns de descargas do seu primeiro mes de vida.
Temos así que, pese as críticas, Diablo Immortal sería o meirande lanzamento da franquía Diablo, xa que a anterior marca establecéraa Diablo 3, que tardou 6 semanas en conseguir vender 10 millóns de copias. Aínda que comparar estas cantidades non ten moito sentido (xa que Diablo 3 é un xogo a prezo completo, mentres que Diablo Immortal pode descargarse de balde), de manter o pulo o xogo móbil podería ser moito máis rendible

PUBLICIDADE