Difunden detalles sobre o fallo de seguridade detectado en servidores de DNS de todo o mundo

mércores, 23 de xullo do 2008

O importante fallo de seguridade atopado nos servidores de DNS de todo o mundo que descubriu o experto en seguridade Dan Kaminsky (e do que non deu ningún detalle ata que o arranxaron) finalmente se filtrou á Rede, de xeito que xa se poderían desenvolver métodos para aproveitar a vulnerabilidade, aínda que de pouco servirá xa que a meirande parte dos servidores de DNS xa están protexidos contra tal fallo.
De non terse aplicado de xeito masivo o parche que corrixe o fallo detectado os ataques de phishing poderían ser moito máis afectivos, pois o usuario non se podería fiar nin sequera de dominios lexítimos (que poderían ser suplantados).

PUBLICIDADE