Digi estrea fibra a 10 Gbps
xoves, 9 de setembro do 2021
O operadores de telecomunicacións Digi destaca
principalmente polos seus prezos agresivos, pero nesta ocasión conseguiu chamar
a atención por adiantarse á competencia na comercialización de liñas de fibra
óptica a velocidades normalmente afastadas do mercado de consumo, xa que estrea
a fibra PRO-DIGI
de até 10 Gbps de velocidade por só 30 euros/mes.
Esta nova conexión simétrica que realmente ten unha velocidade máxima de até 8
Gbps está dispoñible inicialmente ás zonas de fibra SMART da Comunidade de
Madrid, ou sexa, que ten unha cobertura extraordinariamente limitada, polo que
podemos entender que basicamente estamos ante un produto que busca fixar os
ollos dos consumidores sobre esta compañÃa baixo a promesa de que ofrecerá a
fibra máis rápida do mercado a un prezo moi axustado.
Estas novas conexións de Digi chegan acompañadas por un router XGS-PON, que
permite aproveitar ao máximo este tipo de liña, contando con portos de 2,5/10
Gbps e con conexións sen fÃos Wi-Fi 6, aÃnda que estas conexións de grande
velocidade non só conseguirÃan grandes velocidades de descarga, senón que tamén
se caracterizarÃan pola súa reducida latencia, converténdose en ideais para
tarefas como xogar en liña, o que sumado á elevada capacidade de achega de
contidos á Rede tamén fai que sexan magnÃficas solucións para realizar retransmisións
de vÃdeo en directo.
O lanzamento paulatino de Digi é xa unha marca da casa, e ao igual que tardou un
par de anos en pasar de ofrecer os seus servizos de fibra en Madrid até que
chegou a Galicia, coas conexións de 10 Gbps espérase algo semellante, aÃnda que
desta volva o espallamento probablemente sexa aÃnda máis lento, xa que a
demanda real deste tipo de tarifas é anecdótica, xa que os consumidores carecen
de hardware que poida aproveitar estas conexións.