Digi gozará da cobertura móbil de Telefónica durante os vindeiros 16 anos

martes, 9 de xullo do 2024 Marcus Fernández

O operador Digi vén de anunciar que pechou un novo acordo a longo prazo con Telefónica para poder seguir ofrecendo a súa cobertura móbil, o que supón unha evolución con respecto ao actual contrato entre as compañías, xa que agora compartirán redes de acceso e espectro de radio, facilitando que Digi poida pór en valor o espectro adquirido recentemente e realizar unha despregadura de rede móbil máis rápido e eficiente.
Dende Telefónica detallan que o acordo entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2025, e terá unha vixencia de 16 anos. Tamén explican que o acordo ampliou o acordo maiorista de banda larga fixa, o que consideran que é unha proba da calidade da súa infraestrutura de rede.