Digi mellora as chamadas de voz con VoLTE e VoWiFi

martes, 9 de xullo do 2024 Marcus Fernández

O operador Digi vén de mellorar substancialmente a calidade das súas chamadas de voz a través da súa rede de telefonía móbil ao incorporar as tecnoloxía VoLTE e VoWiFi. Deste xeito é posible que as chamadas de voz fagan uso das rede 4G/5G, aproveitando a menor latencia e o maior largo de banda, o que tradúcese directamente en chamadas de maior calidade, á vez que tamén se consegue unha mellor cobertura (pois as redes 2G e 3G cada vez teñen unha menor presenza).
No caso da VoWiFi, os grandes beneficiados son os usuarios que se moven por localizacións con mala cobertura móbil (como as estancias interiores dunha vivenda) pero que si teñen acceso á Rede a través de Wi-Fi, caso non que é posible tirar proveito do acceso á Internet para establecer as chamadas de voz de xeito transparente para o usuario.
Ambas tecnoloxías chegan aos clientes de telefonía móbil de Digi sen custo adicional, precisando de smartphones compatibles para poder tirar proveito das súas vantaxes, aínda que cómpre advertir que a opción de VoWiFi normalmente hai que configurala (xa que na meirande parte dos dispositivos vén desactivada).

PUBLICIDADE