Digi mellora as súas tarifas
luns, 14 de outubro do 2024
O operador Digi caracterÃzase por unhas tarifas moi agresivas, que son aÃnda máis reducidas nas zonas con cobertura propia, e agora sorprenden reducindo aÃnda máis os seus prezos destacando o nacemento dunha nova tarifa: Fibra Smart de 300 Mbps a un prezo de só 10 euros/mes. As conexións de Fibra Smart de 500 Mbps a 15 euros/mes tamén mudan, para ofrecer agora velocidades de ata 600 Mbps, mantendo condicións as conexións de 1 Gbps (20 euros/mes) e 10 Mbps (25 euros/mes).
As tarifas móbiles de Digi tamén incrementan o volume de datos, que de estar combinadas coa fibra quedarÃan en 5, 6 e 8 euros/mes para 30, 60 e 120 GB de datos, e reducindo as liñas con datos ilimitados a 10 euros/mes.
As tarifas móbiles de Digi contratadas de xeito independente quedarÃan en prezos de 7, 10 e 12 euros/mes para 30, 60 e 120 GB de datos en contrato e prepagamento, mentres que por 15 euros/mes pódese optar por unha tarifa de prepagamento con 240 GB de datos ou unha tarifa con datos ilimitados con contrato.
Todas as tarifas móbiles mencionadas teñen chamadas ilimitadas a móbiles e fixos de España, existindo tamén tarifas con minutos internacionais e incluso unha tarifa mini que por 3 euros/mes ofrece 100 minutos en chamadas e 5 GB de datos (que reduce o seu prezo a 2 euros/mes de combinarse con fibra).
Todas estas tarifas aplÃcanse de xeito automático aos clientes novos e actuais, e son prezos ordinarios (non se trata de promocións temporais), de aà que sexa o operador que máis clientes está a captar do resto de compañÃas nos últimos anos.
