Digi mellora as súas tarifas
luns, 8 de setembro do 2025
Digi anunciou hoxe unha nova mellora nas súas tarifas de fibra e móbil coa que reforza a súa aposta por manter prezos baixos e servizos cada vez máis competitivos. Incrementa a velocidade da súa fibra mantendo o mesmo custo mensual e, ademais, rebaixa o prezo do seu servizo ilimitado IlimiTODO, tanto para os clientes actuais como para os que contraten agora.
A rede de fibra de Digi ofrece desde este momento máis capacidade sen modificar a factura. A tarifa de fibra Smart de 300 Mbps simétricos pasa a converterse en 500 Mbps polo mesmo prezo de 10 euros ao mes, mentres que a de 600 Mbps sobe a 750 Mbps mantendo os 15 euros ao mes.
No apartado móbil, a mellora chega da man dunha rebaixa no custo do IlimiTODO, que ofrece chamadas nacionais e internacionais sen límite e datos ilimitados. Como exemplos das novas tarifas os 500 Mbps simétricos de fibra acompañados de dúas liñas IlimiTODO saen por 22 euros mensuais, ou e contratar fibra de 500 Mbps xunto a unha liña con 50 GB, chamadas ilimitadas e 100 minutos internacionais sae por 15 euros ao mes. A isto pódese engadir Digi TV, con máis de cen canles e os partidos máis destacados de cada xornada da Primeira Federación, por 7 euros adicionais.
As melloras aplicaranse de maneira automática e sen trámites adicionais. Os clientes con contrato recibiranas o martes 16 de setembro, coincidindo co inicio do ciclo de facturación, e desde ese momento pasarán a dispoñer das novas condicións. Para quen se incorpore como novo cliente, a actualización xa é efectiva desde hoxe.

- As liñas móbiles ilimiTODO reducen o seu prezo
