Digi proba as chamadas de voz a través de 4G

luns, 13 de maio do 2024 Marcus Fernández

A adopción da telefonía móbil 4G para chamadas de voz comeza a ser unha urxencia para moitos operadoras xa que a cobertura 3G e 2G ten data de caducidade, e Digi leva bastante demora en adaptarse ao futuro escenario, pois tiña previsto adoptar VoLTE o ano pasado, pero finalmente iniciaron as probas das chamadas a través de 4G, comezando por un grupo de 50.000 liñas, coas que están a probar o bo funcionamento desta tecnoloxía que non só será obrigatoria no futuro, senón que tamén ofrece unhas chamadas cunha calidade moi superior.
Polo momento non se sabe cando o servizo de VoLTE estará dispoñible para todos os clientes de Digi, pero o que si están a avanzar é que non se limitarán á adopción de VoLTE, senón que tamén están a traballar na incorporación de VoWiFi, tecnoloxía xa dispoñible con outros operadores, e que o usuario pode optar por activar no seu smartphone para que, cando teña mala cobertura telefónica, poida realizar as chamadas con boa calidade aproveitando calquera rede Wi-Fi conectada á Internet, solución que resulta moi atractiva para fogares e empresas con problemas de cobertura móbil.