Digi reduce o prezo das súas liñas móbiles con chamadas e datos ilimitados
martes, 4 de marzo do 2025
O operador Digi está a renovar as súas tarifas cun cambio moi importante no que se refire á tarifa móbil ilimiTODO, con chamadas e datos ilimitados, que reduce de prezo en función do número de liñas contratadas.
As liñas ilimiTODO pasan a custar 15, 12 e 10 euros/mes de xuntarse 1, 2 ou 3 liñas baixo o mesmo contrato, prezos que caerÃan a 10, 8 e 6 euros/mes respectivamente de ir asociadas a unha tarifa con fibra.
Estas liñas inclúen conectividade 5G e 1.000 mensaxes de texto de balde a outros clientes da operadora, sendo tamén compatibles con eSIM (permitindo asà prescindir da tarxeta nanoSIM fÃsica).