Digi rexistra máis de 1,13 millóns de portabilidades en 2023, un 27% máis que en 2022

venres, 29 de decembro do 2023 S. P.

Digi, a operadora de telecomunicacións da multinacional DIGI Communications, rexistrou máis de 1,13 millóns de portabilidades no conxunto de 2023, o que supón un aumento de máis do 27% respecto a 2022. A compañía sumou máis de 80.600 destes procesos en decembro. Desas liñas, máis de 38.200 corresponden a portabilidades netas de telefonía móbil, e máis de 11.600 a portabilidades netas de telefonía fixa.
Neste intre a empresa conta en España con máis de 4,45 millóns de clientes de telefonía móbil, máis de 1,24 millóns de fibra e máis de 402.000 de telefonía fixa, segundo os últimos datos publicados pola compañía, correspondentes ao terceiro trimestre de 2023. Ademais, levou o seu servizo de fibra de ata 10 Gbps a 38 provincias (incluídas A Coruña e Pontevedra).
Entre as grandes novidades da compañía nesta recta final de ano figura a apertura dunha tenda propia na Coruña.
Así mesmo, a compañía volveu obter o galardón ao operador con A rede de fibra máis rápida de España correspondente ao primeiro semestre de 2023, segundo os prestixiosos Ookla Speedtest Awards.