Digital+ movil incorpora 5 canles á súa oferta televisiva

xoves, 19 de febreiro do 2009 Marcus Fernández

A plataforma de televisión móbil de Sogecable, Digital+ móvil, reforza a súa oferta de programación con 5 novas canles producidas por Chello Multianal: Odisea, Canal Historia, Biography Channel, Canal Cocina e Decasa.
As novas canles de Digital+ móvil emiten o seu sinal en directo, de xeito que amosarán os mesmos contidos para o móbil que a través das súas retransmisións por satélite. Con estas novas incorporacións, o servizo móbil de Digital+, dispoñible a través de Orange e Vodafone (e proximamente tamén en Movistar) suma un total de 30 canles dos que 19 emiten en directo.

PUBLICIDADE