Dinahosting achega mercadiño de servidores

luns, 7 de xaneiro do 2019 Redacción

Dinahosting, a empresa compostelá especializada en dominios de Internet e servizos de hospedaxe web, comezou 2019 botando un cable a quen queira experimentar con tecnoloxías específicas para o aloxamento, ou sexa, a quen queira tirar proveito dun servidor de seu para facer probas ou ben como materia prima da que extraer pezas. Para estes profesionais e/ou usuarios, Dinahosting achégalles en réxime de compra un pequeno mercadiño cunha serie de servidores descatalogados.
Neste intre a empresa de Santiago ten dous tipos de aparellos dispoñíbeis para os usuarios. Por unha banda o Servidor Power Edge 860 por 100€ e, pola outra, o Servidor R200 por 200€. Segundo explica Dinahosting, as unidades son limitadas e, no caso de interesarnos cómpre bulir, sobre todo porque aos prezos nos que se ofrecen as existencias remataranse axiña. Para quen poida interesar, a empresa achega na súa web información sobre as características técnicas dos devanditos aparellos.

PUBLICIDADE