Disco duro multimedia de Blusens con gravación de TDT e vÃdeo de alta definición
mércores, 3 de decembro do 2008A mediados deste
mes chegará ás tendas o disco duro multimedia Blusens
T.50, que se venderá en capacidades de 500 Gb, 750 Gb e 1 Tb a
prezos que parten dos 279 euros, e que van moito máis aló do que
estamos afeitos neste tipo de dispositivos, pois aparte de permitir a
reprodución de contidos multimedia almacenados no seu interior tamén pode
acceder aos contidos almacenados en tarxetas de memoria (SD, MMC, MS e MS Pro)
e memorias USB.
O disco duro da compañÃa galega tamén ten conectividade Wi-Fi, conta con
sintonizadores de Televisión Dixital Terrestre e analóxica e entrada de vÃdeo dos
que pode gravar en formato MPEG-2 .
Ao Blusens T.50 non lle falta saÃda HDMI para conectalo a un televisor de alta
definición (asà como saÃda de vÃdeo composto e por compoñentes), sen limitarse
a un simple reescalado de vÃdeos de definición estándar, senón que aparte de
reproducir os formatos de vÃdeo máis comúns (AVI, MP4, MPEG, VOB/IFO e ISO)
tamén acepta o contedor Matroshka (MKV) que é moi popular na Internet por permitir a
reprodución de vÃdeos cunha calidade semellante á do Blu-ray (converténdose no
equivalente ao DivX para os formatos de alta definición). Tamén permite acceder
a ficheiros MP3, WMA, OGG Vorbis, AC3, AAC-MP4, JPEG, BMP, GIF e PNG.
O dispositivo mide 23 x 6,1 x 16,5 centÃmetros e pesa 1,5 quilos.