Disco duro para gardar fotografías de tarxetas de memoria

luns, 29 de setembro do 2008 Marcus Fernández

Os amantes da fotografía que non queiran cargar co ordenador portátil para copiar as imaxes captadas pola súa cámara dixital poden optar agora polas unidades HyperDrive COLORSPACE UDMA, que se venden en capacidade de entre 80 e 500 Gb (a prezos de entre 339 e 599 dólares) e que permite facer copias de seguridade a partir de tarxetas de memoria de 14 tipos (sen adaptadores, a través de dúas fendas de lectura distintas) a unha velocidade de ata 2 Gb por minuto (con verificación da integridade dos datos).
Estas unidades de almacenamento contan cunha pantalla LCD de 3,2 polgadas para poder previsualizar as fotografías almacenadas e funcionan cunha batería recargable que permite mover ata 250 Gb de datos con cada carga. Se poden conectar a un ordenador por USB para funcionar coma calquera outro disco duro externo.
O dispositivo de HyperDrive mide 133 x 75 x 26 milímetros, pesa uns 298 gramos e sería o máis rápido (40 Mbytes/seg.) e de máis capacidade (ata 500 Gb) do mundo, así como o de mellor autonomía dentro desta gama de produtos.

PUBLICIDADE