Disco duro que funciona coma servidor de vídeo

luns, 28 de abril do 2008 Marcus Fernández

Planex está a vender no Xapón un tipo de disco duro en rede que pode resultar de grande utilidade para uso doméstico pois funciona a xeito de servidor de vídeos en distintos formatos. O DigiJuke se vende en dous modelos, un básico, cun disco duro de 500 Gb e un prezo de 34.80 iens (213,08 euros) e outro con 1 Tb e capacidade grazas a 2 discos de 500 Gb que se vende a 54.799 iens (334,99 euros). Este disco se conecta directamente á rede local (mediante a súa toma Gigabit Ethernet) e pode descargar contidos da rede BitTorrent e mesmo de YouTube, permitindo entregalos para PSP e iPod (MPEG-4), Nintendo Wii (FLV) ou televisión (MPEG-2).
Este disco duro pode enviar audio e vídeo a equipos informáticos con iTunes, Xbox 360 e outros dispositivos que soporten servidores multimedia. A súa capacidade se pode amplicar mediante unha toma USB.
Os dous modelos de disco teñen un alto de 18,8 centímetros e un fondo de 16,5 centímetros, mentres que o seu ancho e de 5 e 7,7 centímetros para 500 Gb e 1 Tb de capacidade respectivamente.

PUBLICIDADE