Disco multimedia de Best Buy con saÃda HDMI
luns, 8 de setembro do 2008
A demanda do
vÃdeo de alta definición para tirar proveito dos novos televisores fixo que
Best Buy comezase a comercializar o seu disco duro multimedia Easy
Player Media Recording HDMI, que non só permite ver contido
almacenados no mesmo (ou achegados a través da súas conexións Ethernet e USB) sen
a axuda dun PC .
Grazas á súa saÃda de vÃdeo HDMI permite a visualización dos vÃdeos con alta
calidade a resolucións de 720p e 1.080i, aÃnda que tamén incorpora función de
gravación, para o que conta con entradas de vÃdeo e audio por RCA. As
gravacións se poden editar (eliminar escenas ou dividir en capÃtulos) e tamén
se pode tirar proveito desta capacidade para facer time shifting (ou sexa para pausar o que estamos vendo para
continuar coa reprodución en diferido máis tarde).
Este disco duro multimedia tamén pode
funcionar coma unidade de almacenamento en rede e con opción de
integrar Wi-Fi. Deste xeito é unha completa solución para acceder e gardar
vÃdeos dende calquera lugar dun domicilio.
O Easy Player Media Recording HDMI funciona con discos duros SATA de 3,5
polgadas de ata 1 Tb, vendéndose por 229 euros o modelo de 750 Gb. A unidade é
compatible con ficheiros multimedia de diversidade de formatos (MPEG-1/2/4,
XviD, VOB, AVI, DAT, IFO, MP3, WMA, AAC, WAV, OGG, JPG e BMP) soportando tamén
subtÃtulos (en formato SRT, SMI, SSA, PSB, USB e IDX).