Discord chega a Xbox

mércores, 20 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Os usuarios de Xbox Series X|S e Xbox One que estean inscritos ao programa Xbox Insider poden gozar dende hoxe cunha actualización que incorpora ás súas consolas soporte para o chat de voz de Discord, facendo así máis doado conversar cos amigos durante as partidas en liña. Esta funcionalidade chegará en poucas semanas para todos os usuarios de consolas Xbox.
Discord Voice era unha función moi solicitada, por permitir conversas cos amigos mentres se participa en partidas en liña, par ao que simplemente haberá que vincular a conta de Discord coa de Xbox (o que pode facerse de xeito doado a través dun código QR). Unha vez ligadas as contas, pode entrarse na canle que se queira usando Discord como se faría habitualmente, sendo posible transferir o chat de voz dende o móbil á consola con só seleccionar a opción correspondente.

JPEG - 66.2 KB
Dende consolas Xbox pódese agora participar en charlas de voz de Discord

PUBLICIDADE