Dishonored 2 sae á venda para PC, Xbox One e PS4
venres, 11 de novembro do 2016
Tras a boa acollida que tivo a primeira entrega de Dishonored, este xogo de acción en
primeira persoa de Arkane Studios volve cun novo capÃtulo no que retomamos o
rol de asasino sobrenatural. En Dishonored
2 o xogador pode optar por encarnar á emperatriz Emily Kaldwin
ou ao protector real Corvo Attano, tendo despois que elixir se avanzar mediante
a infiltración polos tellados, mediante brutais combates nas rúas ou cunha
mestura de ambas estratexias, xa que os poderes, armas e artiluxios dos
personaxes achegan moitas posibilidades á hora de desfacerse dos inimigos.
A historia transcorre nun mundo imaxinativo, con contornos espectaculares
creados de xeito moi artÃstico e creativo, que van dende as rúas infestadas de
ratas de Dunwall até as exuberantes costas da decadente Karnaca. Este mundo
ficticio conta cunha rica historia de apoio, unha arquitectura moi caracterÃstica
e personaxes moi curiosos; asà como tamén son orixinais os poderes
sobrenaturais cos que podemos eliminar aos inimigos, que van dende converterse
nunha sombra vivente até emprega a hipnose, de xeito que tanto podemos masacrar
aos inimigos como amosar certa piedade.
O xogo xa pode adquirirse
para PC, Xbox
One e PlayStation
4 a prezos que están entre os 59,99 e os 69,99 euros e, no caso da versión
para PC, cómpre advertir de que precisa de equipos de grande potencia, de aÃ
que desen
conta de consellos de configuración para que o xogo poida correr con certa
fluidez, xa que boa parte das opcións que poden activarse precisarÃan para
funcionar un PC de alta gama cunha gráfica de última xeración como unha nVIDIA
GeForce GTX 1070/1080, que só están ao alcance duns poucos.
Tráiler de lanzamento de Dishonored 2