DiskGO chega como unha unidade de memoria de pequeno tamaño e grande capacidade
martes, 20 de xullo do 2010
As unidades de memoria USB
non paran de reducir o seu tamaño, de aí que non debería sorprender que EDGE
lance as unidades
DiskGO en capacidades que van dende 1 ata 32 Gb a prezos de 12,95
dólares (9,27 euros) e 89,95 dólares (68,81 euros) respectivamente e cun tamaño
moi semellante ao dun cuarto de dólar (en boa medida porque o seu conector USB
é retráctil).
As unidades DiskGO son tan cativas que poden transportarse con comodidade no
chaveiro, e poden
mercarse de xeito individual ou en versións especiais que inclúen a aplicación
Dmailer Backup (que facilita as copias de seguridade automáticas e a
encriptación AES de 128 bits).
|