Disney Crossy Road chega a iOS, Android e Windows 10

xoves, 7 de abril do 2016 Marcus Fernández

Menos dun mes pasou dende que anunciaron en Hipster Whale estaban a traballar nunha versión de Crossy Road con personaxes da Disney, chega á App Store, Google Play e a Tenda de Windows Disney Crossy Road, xogo que podemos descargar de balde (aínda que integra compras na aplicación) que podemos considerar como unha aventura infinita na liña do clásico Frogger, no que en vez dunha ra cruzando a estrada poderemos manexar agora a máis dun cento de figuras de Disney e Pixar con aparencia de xogo de 8 bits.
Podemos atopar así a personaxes de Toy Story, Zootrópolis, El Rey León, Rompe Ralph e outros, ou sexa, que agora serán Mickey, Donald, Simba, Mufasa, Buzz Lightyear e moitos outros os que terán que esforzarse en avanzar esquivando obstáculos e evitando chocar con obxectos que se moven a alta velocidade.
Para animar este entretido xogo, que presenta escenarios inspirados nas franquías da Disney, tamén temos versións de 8 bits de cancións coñecidas como Hay un amigo en mi e Yo voy a ser Rey León, o que facilitará a inmersión neste xogo que como principal reto ten agora superar os 120 millóns de descargas da súa entrega orixinal, protagonizada por unha pita e moitos outros animais anónimos.

O xogo presenta máis dun cento de personaxes de Disney e Pixar

Tráiler de lanzamento de Disney Crossy Road

PUBLICIDADE