Disney Infinity 3.0 chega ás tendas
venres, 4 de setembro do 2015
Hoxe é o dÃa marcado no calendario por Disney para iniciar a
comercialización da nova mercadotecnia de Star Wars, o que permite por fin o
lanzamento de Disney Infinity 3.0: Play Without Limits,
unha nova entrega do videoxogo que mestura figuras no mundo real coa súa
contrapartida virtual, que como principal novidade ten a introdución de
personaxes e aventuras da triloxÃa orixinal de Star Wars e da serie televisiva
das Guerras Clon.
O xogo chega
ás tendas españolas na forma dun Starter Pack que inclúe o Play Set de Star Wars: Twilight of the Republic, ou
como Edición Especial (exclusiva para PlayStation) que tamén inclúe o Play Set
de Star Wars: Rise Against the Empire
e a figura interactiva de Boba Fett. O Starter Pack para PS3, PS4, Xbox 360,
Xbox One e Wii U ten un prezo recomendado de 59,99 euros, mentres que a Edición
Especial véndese a 99,99 euros. Tamén será posible a adquisición do xogo e os
distintos produtos por separado.
AÃnda que Star Wars sexa a franquÃa que máis destaca en Disney Infinity 3.0, o xogo tamén permite gozar de numerosos
personaxes e escenarios de Disney, Pixar e Marvel, de xeito que abre a porta a
todo un universo de posibilidades nas que os personaxes poden gozar de
aventuras de plataformas, carreiras e xogos de simulación.
- Aparte dos personaxes da triloxÃa orixinal, tamén están presentes no xogo os personaxes das Guerras Clon.
Tráiler de lanzamento de Disney Infinity 3.0