Disney Infinity porase á venda en España o 23 de agosto
mércores, 31 de xullo do 2013
Collendo o concepto da saga Skylanders, anunciouse a preparación do xogo Disney Infinity, que será
unha especie de xogo de xogos nos que
personaxes de Disney e Pixar daranse cita en múltiples plataformas (Xbox 360,
PS3, Wii, Wii U, Windows PC e Nintendo 3DS) e do que Sony
vén de confirmar que estará dispoñible para PlayStation 3 a partir do vindeiro
23 de agosto nun paquete de iniciación que incluirá o xogo, 3 figuras, a
base para facer que os personaxes das figuras poidan saltar ao mundo virtual de
Disney Infinity, un PlaySet para
comezar a xogar, un Power Disc e un Web code por 69,99 euros.
AÃnda que os prezos de Disney Infinity e
as súas figuras poidan parecer un
tanto caros, dende a súa editora deféndenos polas capacidades de expansión do
xogo (en vez de mercar xogos soltos por cada nova pelÃcula de Disney será
posible adquirir as súas figuras para introducilas neste tÃtulo).
Os personaxes incluÃdos no Starter Pack de Disney
Infinity serán Mr. Incrible, Sulley e o Capitán Jack Sparrow, pero tamén
estarán dispoñibles outros personaxes dos seus mesmos universos (os piratas
Barbossa e Davy Jones, os monstros Mike e Randy e a familia Incrible ao
completo) e de moitos outros filmes da Disney, como o Xinete Enmascarado e Toro
(El Llanero Solitario) ou Rayo McQueen e Holley (Cars) que poderán moverse polos
escenarios (PlaySets) de cadansúa pelÃcula.
Trailer de Disney Infinity