Disney leva os seus ¿Dónde está...?</Em> a Windows Phone 8

venres, 21 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Como pequeno agasallo de Nadal por parte de Disney para os usuarios de móbiles con Windows Phone 8 chega hoxe á súa tenda de aplicacións por 0,99 euros cada un os xogos ¿Dónde está mi agua? e ¿Dónde está mi Perry?, que tiran proveito da física e os fluídos para propor numerosos retos a superar, garantindo moitas horas de diversión.
¿Dónde está mi agua? é xa un clásicos dos dispositivos móbiles nos que temos que facilitar o paso de auga ata chegar á ducha do caimán Swampy para que poida asearse ao longo de máis de 200 niveis. Tamén podemos gozar dunha historia alternativa na que haberá que empregar auga porca de cor morada para limpar o prato de Cranky, un duro caimán, que chega en 5 niveis de balde e outros 80 que podemos mercar dende a aplicación.
¿Dónde está mi Perry? é dos mesmos creadores que o anterior, e nesta ocasión hai que utilizar os distintos estados da auga (sólido, líquido e gasoso) para resolver quebracabezas ao longo de máis de 80 niveis repartidos en 4 capítulos e con actualizacións de balde.
Ámbolos dous xogos teñen unha aparencia infantil moi atractiva para os cativos, de aí que parece que dende Disney deron co a data ideal para lanzalos.

PUBLICIDADE