Disney+ prepárase para impedir compartir contas
mércores, 24 de xullo do 2024
Dende o ano pasado Disney+ inclúe nas súas condicións de uso para España a prohibición de compartir contas de usuario con persoas que vivan fóra do fogar (entendendo como fogar a residencia persoal principal), e aÃnda que non tomaron medidas prácticas contra a práctica de compartir contas, anunciaron que Ãan facer tal ao longo do presente ano.
- Disney+ está a notificar aos usuarios as modificacións das condicións de contratación do servizo
Como mostra do cambio que está por chegar temos unha nova modificación das condicións de uso de Disney+ en España, onde insisten na prohibición de compartir contas, pero detallan a posibilidade de poder empregar as contas fóra do fogar contratando un Acceso Extra, ou sexa, que para poder empregar unha conta dende fóra do domicilio principal será preciso realizar un pagamento adicional (aÃnda non definido), como acontece con plataformas como Netflix (que é a que serve de inspiración para estas medidas, xa que obstaculizar a compartición de contas supúxolle un incremento de ingresos, incluso en España).
As novas condicións de Disney+ tamén inclúen a prohibición do bloqueo de publicidade, ou sexa, que advirten da adopción de medidas contra os usuarios que contraten un plan con publicidade económico e logo bloqueen os anuncios. O máis curioso das condicións é que dan a entender que Disney+ non limitará a publicidade ao actual plan Estándar con anuncios que custa 5,99 euros/mes, senón que todos os plans de subscrición poden incorporar anuncios tradicionais en directos, publicidade antes ou despois do contido e diversos tipos de publicidade de produtos e servizos das empresas do grupo Disney.