Dispoñíbeis na web do IGN os novos mapas provinciais de Lugo

martes, 23 de xullo do 2024 S. P.

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presentou este martes 23 de xullo os novos mapas provinciais do Instituto Xeográfico Nacional acompañada pola directora da Área de Fomento da Delegación do Goberno, Ana Quintairos, e o director do Servizo Rexional do ING, Pablo Carballo.
Segundo indicaron, a actualización dos mapas provinciais a escala 1:200.000 recolle as modificacións nas estradas e instalacións producidas nos últimos anos, “unha versión sobre a que se leva un tempo traballando e que permitirá ter en detalle toda a información precisa a nivel xeográfico da provincia de Lugo”, engadiu a subdelegada.
No acto de presentación explicaron que os novos mapas xa están dispoñíbeis na páxina web do IGN para a súa descarga de balde en formato PDF, así como para a súa compra e distribución en formato papel. Isabel Rodríguez valorou “que son cada vez máis precisos para adaptarse o máximo posíbel á realidade, con bases de datos cada vez máis complexas que integran información sobre a toponimia, hidrografía, cartografía, etc.”